O primeiro ministro de Eslovenia, Janez Jansa, desatou unha nova tormenta. Esta vez por mor dun tweet no que acusaba a trece eurodeputados de ser marionetas de George Soros, retomando asi unha teoría que acusa o multimillonario de todos os males. A mensaxe foi borrada, pero os eurodeputados, que estaban precisamente nunha misión en Eslovenia, están indignados.
A eurodeputada holandesa do grupo Liberal evitou responder nas redes sociais, pero non a viva voz. «A xente pode intercambiar o que queira en Twitter. Pero os que están no poder teñen unha responsabilidade especial no que respecta ao ton do debate». O presidente do Parlamento Europeo, David Sassoli, pediu pola súa banda a Jansa que «cese as provocacións» porque ao atacar aos membros da Cámara «ataca tamén aos cidadáns europeos».
A disputa é particularmente problemática para a Unión Europea dado que Jansa ocupa nestes momentos a presidencia rotatoria do Consello.