Policía Autonómica e Servizo de Gardacostas comisan 39 quilos de percebe na Coruña

Axentes da Policía Autonómica, en colaboración co Servizo de Gardacostas, comisaron 39 quilos de percebe na Coruña en dous dispositivos que tiveron lugar o 29 de novembro e o 4 de decembro.
O 29 de novembro, axentes da Policía Autonómica identificaron a catro persoas que se atopaban extraendo percebe de xeito furtivo na zona de Bens. Froito da intervención, levantáronse 4 actas de infracción á Lei de Pesca de Galicia e comisáronse 13 quilos de percebe, un traxe de neopreno, tres salabardos, cinco rapas e unha mochila.
Posteriormente, o 4 de decembro, axentes da Policía Autonómica, xunto con axentes do Servizo de Gardacostas, localizaron a seis furtivos na zona do Milenium e do Portiño mentres realizaban un dispositivo de vixilancia e prevención. Levantáronse as 6 actas de infracción correspondentes e intervíronse 26 quilos de percebe, 4 rapas e 5 salabardos, que estaban agochados entre as rochas.
O marisco comisado foi entregado a unha asociación benéfica da Coruña mentres que dos útiles intervidos e das actas correspondentes fíxose cargo o Servizo de Gardacostas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha