Policía e Protección Civil suplen o peche temporal do parque de bombeiros de Carballo

1 minutes read

Ata este venres reinara a normalidade en todos os días que se levan de folga no parque de bombeiros de Carballo, igual que na maioría dos de Galicia, sen detectarse ningún problema para reunir a cota mínima de persoal de garda. Este venres á folga houbo que sumarlle a mala sorte, un bombeiro resultou ferido nunha perna tras un operativo de emerxencia xurdido a raíz dun incendio forestal nos arredores do centro urbano carballés. Ante a situación exposta tras este incidente, o Consorcio Provincial de Bombeiros tomou a decisión de pechar o parque de Carballo ao non reunir os tres efectivos de garda que se necesitan para cubrir os servizos mínimos decretados polas administracións, derivando ao parque de Arteixo aos dous bombeiros que continuaban de servizo.

A ausencia de bombeiros en Carballo viuse agravada a pasada madrugada coa multitude de aceso de fogueiras, algunhas de alto risco. Debido a iso, tanto Protección Civil como a Policía Local tiveron que facer un esforzo notable para manter a situación controlada nunha noite sinalada na que habitualmente “se xoga con lume”. Houbo que destacar intervencións ao uso pola causa, no bario do San Cristobo, a rúa Perú, a Avenida de Bértoa, a rúa Fomento e tamén un incendio nuns contedores de lixo situados na Rúa Baixa.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?