Política Social abordou en Cabana propostas no ámbito xuvenil e de voluntariado

Cedida.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo este sábado un encontro con mozas e mozos de Cabana de Bergantiños que participan en actividades voluntarias. Durante a xuntanza, que tivo lugar no centro social de Neaño, Cristina Pichel tivo a ocasión de coñecer as propostas e preferencias en canto a programas e actividades no ámbito xuvenil por parte dos asistentes á reunión.

A xuntanza tamén serviu para explicar os eixes fundamentais de actuación e algunhas das medidas que contempla o novo Plan Estratéxico de Xuventude aprobado esta pasada semana polo Consello da Xunta, e que fai fincapé en áreas como o emprego, a participación, o voluntariado, o rural ou o fomento da creatividade e do talento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha