A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou este sábado nos actos conmemorativos organizados por Amencer para celebrar os seus 35 anos de vida. Durante o evento destacou que esta entidade, que se atopa dentro da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco, ten unha ampla traxectoria de apoio integral á mocidade na cidade de Ourense.
Cabe destacar o traballo que están a realizar no eido da promoción do voluntariado, da educación non formal e da promoción da lingua e da cultura galegas, así como na integración social daquelas mozas e mozos en risco de exclusión. Polo que se apoia a entidade a seguir promovendo iniciativas que axuden á xuventude a realizar proxectos con impacto social que beneficien a toda a sociedade.