Política Social colabora coa Laracha para desenvolver un programa de atención temperá

1 minutes read
  • O importe da axuda ascende a preto de 39.000 euros

O Concello da Laracha é un dos beneficiarios da liña de axudas da Consellería de Política Social da Xunta para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. En concreto A Laracha recibirá 38.624,67 euros, o que lle permitirá dispoñer dun logopeda, un psicopedagogo e un mestre de educación especial.

A atención temperá consiste nun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil (de 0 a 6 anos), á súa familia e ao seu entorno, que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, facilitándolles a súa autonomía persoal e inclusión social.

A derivación ao servizo de atención temperá corresponde ao pediatra de referencia do neno, ao que debe acudir a familia se sospeita que pode presentar un trastorno do desenvolvemento.