Baño de masas déronse os partidos políticos que decidiron facer campaña, para o 12-X, este domingo aproveitando a feira de Paiosaco. Unha cita moi concorrida tras ir recuperando o evento esta nova normalidade e celebrarse ao mesmo tempo a Feira das Cereixas, declarada de Interese Turístico de Galicia. Cunha climatoloxía máis ben fresca para a época do ano que vivimos, PP, PSdeG-PSOE e BNG montaron unhas rechamantes casetas á fronte do campo da feira, xunto á estrada comarcal, onde repartiron información relativa aos seus programas electorais, ademais do apoio das súas respectivas unidades móbiles de megafonía.
Políticos de varios partidos fixeron campaña de apoio este domingo en Paiosaco
Fotos.- nhdiario