42
Polo menos 140 persoas perderon a vida no caiuco que naufragou tras sufrir unha explosión en augas de Senegal cando tentaba chegar ás Illas Canarias, informou a Organización Mundial para as Migracións (OIM). «Polo menos 140 persoas afogáron despois de que unha embarcación que transportaba a uns 200 migrantes afundíse fronte á costa senegalesa, o naufraxio máis mortífero rexistrado en 2020», dixo a OIM nun comunicado. Segundo medios de comunicación, as Mariñas senegalesa e española e os pescadores que se atopaban na zona, foron rescatadas 59 persoas e acháronse os corpos doutras 20, agregou a organización.