Polo menos 16 persoas resultaron feridas, sete delas moi graves, por unha explosión na tarde deste mércores xunto ao hospital Val de Grâce de París causada probablemente por unha fuga de gas que provocou o derrube dun edificio e un incendio que puido ser contido polos bombeiros. O lugar da explosión é un edificio antigo de dúas plantas situado na rúa Saint Jacques, cerca do Panteón, no Barrio Latino, que albergaba unha escola de deseño estadounidense, a Paris American Academy, que agora está practicamente en ruínas. Hai unha investigación en curso para determinar que ocorreu e se puido haber algunha imprudencia individual ou se se incumpriron algunhas regras de seguridade. O prefecto da Policía de París, Laurent Núñez, explicou que, dos dieciseis feridos sete están moi graves, outros nove están relativamente graves.
0