Polo menos 19 mortos, entre eles nove nenos, no incendio dun edificio en Nova York

0 minutes read

O Departamento de Bombeiros contabilizou polo menos 63 feridos, pero témese que haxa múltples falecidos. O sinistro produciuse este domingo nun edificio do Bronx. O lume declarouse nun apartamento situado no segundo piso do edificio, unha torre de 19 plantas con 120 vivendas, máis de 200 efectivos participaron nas tarefas de extinción. O alcalde da cidade, Eric Adams, asegurou que é un dos incendios máis devastadores na historia recente de Nova York.