Polo menos 20 mortos nun ataque ucraíno contra a cidade rusa de Bélgorod

1 minutes read

Polo menos 20 persoas morreron e máis dun centenar resultaron feridas este sábado no ataque perpetrado polo exército ucraíno contra a cidade rusa de Bélgorod, capital da rexión homónima fronteiriza con Ucraína, segundo informou o Ministerio para Situacións de Emerxencia de Rusia. O gobernador de Bélgorod, Viacheslav Gladkov, informou de que a artillería inimiga disparou contra o centro da cidade, onde viven unhas 330.000 persoas e recomendou a a poboación da urbe que se acubillase nos refuxios e subterráneo habilitados para iso. Entre os edificios afectados figura a sede do Goberno rexional e edificios universitarios, ademais de comercios e vivendas. Por orde do presidente, Vladímir Putin, unha brigada do Ministerio de Sanidade encabezada polo titular da carteira desprazouse á rexión. O Consello de Seguridade da ONU reuniuse para analizar a situación.