Inundacións repentinas na provincia de Fars, no sur de Irán, deixaron polo menos 21 mortos e dous desaparecidos, segundo informou a Media Lúa Vermella Iraniana. Os equipos de rescate lograron salvar a 55 persoas que quedaran atrapadas. As fortes choivas que caeron a última hora da tarde do venres, fixeron crecer o río Roudbal xunto á cidade de Estahban, segundo o gobernador da cidade, YousefKaregar. A pesar de que Irán enfróntase a unha seca de décadas atribuída ao cambio climático, o departamento de metroloxía iraniano advertira da posibilidade de que se producisen fortes choivas estacionais en todo o país. Os perigos das inundacións repentinas tamén se viron agravados pola construción xeneralizada de edificios e estradas preto dos leitos dos ríos. En marzo de 2018, unha inundación repentina na provincia de Fars causou a morte de 44 persoas.
43