Polo menos catro mortos e decenas de feridos nun atentando talibán en Paquistán

Polo menos catro persoas morreron e unha vintena resultaron feridas tras un atentado suicida talibán en Quetta, Paquistán, preto da fronteira con Afganistán. O ataque, perpetrado por un motorista que portaba explosivos, produciuse contra un posto de control da capital da provincia de Baluchistán. As catro vítimas eran soldados do corpo fronteirizo Frontier Corps, e outros 16 dos 20 feridos eran tamén militares.

Témese que o número de mortos poida aumentar co paso das horas. Pouco despois do atentado, Tehreek-e- Taliban, TTP, principal rama do grupo extremista en Paquistán, reivindicaba o mesmo. O primeiro ministro paquistaní, Imran Khan, confirmaba e condenaba o sucedido a través das redes sociais, ofrecendo as súas condolencias ás familias dos falecidos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha