Un alude nos Alpes, no glaciar de Armancette (no leste de Francia, preto da fronteira con Italia) causou este domingo polo menos catro mortos e un ferido leve, confirmaron fontes oficiais. A avalancha produciuse a media xornada e os servizos de emerxencias traballaron sen descanso no lugar, segundo transmitiu o ministro de Interior francés, Gérald Darmanin, a través de Twitter. A Prefectura da rexión de Alto Saboya detallou posteriormente nun comunicado que a avalancha tivo unha lonxitude de 500 metros de lonxitude e 1.600 metros de desnivel. Produciuse sobre un itinerario de esquí e de sendeirismo “moi frecuentado”, segundo un comunicado da Prefectura divulgado pola prensa local. O balance provisional de vítimas transmitido foi de 13 afectados, dos cales 8 saíron indemnes, outra persoa resultou ferida leve e 4 morreron. O lugar onde tivo lugar o corremento de neve está situado no macizo do Mont Blanc e atribúese o suceso a un aumento significativo e en pouco tempo das temperaturas.
0