37
As autoridades aseguran que como mínimo unha decena de vítimas permanecen atrapadas no lugar.
A Policía sinalou que o número de persoas que quedan na illa ten polo menos «dúas cifras» aínda que indican que descoñecen a cantidade exacta e o estado destas debido á imposibilidade de comunicarse con elas.
«Debido ao alto risco, os equipos de emerxencia non poden acceder á illa, que permanece inestable e con posibilidade de novas erupcións», apuntou o vicecomisionado de Operacións Nacionais da Policía, John Tims, en conferencia de prensa.
O oficial indicou que os mortos son parte das 23 persoas de «varias nacionalidades» que foron rescatadas da illa e que se atopaban nela no momento da erupción.