Polo menos cinco mortos tras o incendio dun avión no aeroporto tokiota de Haneda

As causas do accidente apuntan a unha posible colisión cunha aeronave da Garda Costeira xaponesa que estaba camiño á base do aeroporto de Niigata para entregar axuda á rexión golpeada polo terremoto. O avión tamén entrou en chamas. A policía confirmaría que dos seis ocupantes a bordo, o capitán lograría escapar e atópase en estado grave. Os cinco restantes serían  localizados sen vida.

Os 367 pasaxeiros e 12 membros da tripulación do outro avión foron evacuados do voo 516 da compañía Japan Airlines procedente do Novo Aeroporto Internacional de Chitose, Hokkaido (norte do Xapón). O aparello comezou a arder pouco despois das 18 (hora local, 9GMT) a o entrar no aeroporto de Haneda en Tokio. A voceira do aeroporto comunicou que todas as pistas foron pechadas a raíz do incidente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha