32
O ‘Albacora Cuatro’, un atuneiro vigués, sufriu unha explosión durante unhas reparacións no peirao de Seychelles, un arquipélago situado no océano Índico. Fontes do sector explican que as primeiras informacións confirman que habería polo menos dous mortos. Os falecidos serían o xefe de máquinas e o segundo oficial, de orixe galega e asturiana. O buque estaba a ser reparado no porto e produciuse un escape de amoníaco que produciu a explosión. O atuneiro, no seu día propiedade da compañía vasca Albacora, é hoxe da firma viguesa Compañía Europea de Túnidos.