44
Polo menos dous mortos e varios feridos nun tiroteo na cidade de Halle, no leste de Alemaña xunto á sinagoga de Humboldtstraße, a policía alemá confirmoullo a Euronews. Dous atacantes vestidos de militar abriron fogo con armas automáticas e arroxaron unha granada ao cemiterio xudeu. Un dos sospeitosos deuse á fuga nun vehículo e a policía que confirmou a detención dunha persoa. A Fiscalía asumiu a investigación do ataque por sospeita de terrorismo e transfondo extremista.