Polo menos seis mortos e decenas de feridos en protestas nas rúas de Beirut

A grave crise política, social e económica que atravesa estes días o Líbano viuse este xoves trasladada ás rúas. As protestas cidadás deste xoves acabaron converténdose en violentos enfrontamentos nos que morrerían polo menos seis persoas con decenas de feridos, segundo informan desde o ministerio de Interior. Aínda que se sabe que os disparos mortais procedían dos edificios circundantes á protesta, na zona de Tayouneh, non está claro polo momento quen foron os autores dos mesmos. O Exército foi despregado pola cidade e trata agora de dar cos responsables. As manifestacións, organizadas polos grupos xiítas Hizbulá e Amal, estaban dirixidas ao xuíz Tarek Bitar, do que esixen a súa dimisión. Bitar é o encargado do caso sobre a gran explosión do pasado ano no porto da cidade, que se saldou con 215 falecidos e miles de feridos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha