Polo menos seis mortos nun bombardeo ruso en Limán, no leste de Ucraína

1 minutes read

Polo menos seis persoas morreron e outras cinco resultaron feridas este sábado en Limán, na rexión de Donetsk, no leste de Ucraína, nun ataque das forzas rusas, segundo informou o xefe da administración militar rexional, Pavlo Kirilenko, nunha mensaxe en Telegram. O ataque consumouse cando se cumpren 500 días desde o comezo da invasión. Pola súa banda Ucraína asegura que houbo novos avances das súas tropas de máis dun quilómetro, nas direccións de Melitópol, Berdiansk e Bajmut.  Así como no sur lograron consolidar as posicións conquistadas nos últimos días no eixo Rivnopil-Volodine.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?