Un home atropelou a un grupo de peóns nunha das rúas comerciais da capital alemá. Segundo os servizos de rescate, o incidente deixou 1 falecido e polo menos unha decena de feridos. A vítima mortal é unha profesora de 51 anos. Ademais, un portavoz do servizo de bombeiros declarou que seis persoas sufriron lesións que puxeron en perigo a súa vida e outras tres resultaron gravemente feridas. O portavoz de prensa da policía de Berlín contou que tras o accidente, o coche chocou contra o escaparate dunha tenda e os transeúntes detiveron ao condutor antes de ser arrestado rapidamente por un axente de policía que se atopaba pola zona. Este feito ocorreu preto do lugar onde 13 persoas resultaron feridas de morte en decembro de 2016 cando un home conduciu deliberadamente un camión contra o mercado do Nadal.
0