O primeiro ministro polaco pasa á ofensiva, Mateusz Morawiecki cre que a Unión Europea está «a usurpar poderes que non ten» e afirma que o seu «centralismo» pode ser moi perigoso. Así o fixo saber a través dunha carta que dirixiu aos 27 xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea. Nela afirma que a Comisión está a exceder perigosamente os límites dos seus poderes ao ¨»interferir en asuntos constitucionais¨» internos. As palabras do primeiro ministro Morawiecki chegaron en vésperas da súa intervención ante o Parlamento Europeo onde tratará de evitar a imposición de sancións. A Comisión Europea está a sopesar varias posibilidades para responder o desafío lanzado polo Tribunal Constitucional de Polonia que cuestiona a primacía da lexislación comunitaria sobre a nacional.
32