Polonia advirte que ‘Europa vive o maior intento de desestabilizala’


A crise migratoria na fronteira con Bielorrusia é o maior intento de desestabilizar Europa desde a Guerra Fría. Asegurouno o primeiro ministro polaco Mateusz Moraviecki nun tweet, durante unha xira polos países bálticos, dous deles tamén fronteirizos con Bielorrusia. Pide axuda para todos eles.”Faremos todo para defender as fronteiras da Unión Europea”, di na mensaxe.

Ademais advertiu que hoxe o obxectivo é Polonia, pero mañá será Alemaña, Bélxica, Francia ou España”. Moraviecki visitará nos próximos días outras capitais europeas para suavizar a tensión con Bruxelas polas reformas do sistema xudicial que a Comisión considera contrarias aos valores comunitarios.