Polonia, Chequia e Eslovenia reiteran o apoio da UE a Ucraína en Kiev


Os primeiros ministros de Polonia, República Checa e Eslovenia reuníronse en Kiev co presidente ucraíno Volodímir Zelenski, coa intención de «confirmar o apoio inequívoco de toda a Unión Europea á soberanía e independencia de Ucraína e presentar un amplo paquete de axudas», sinalara o portavoz do Goberno polaco, Piotr Müller.

O primeiro ministro polaco, Mateusz Morawiecki, expresou este martes desde Kiev o seu desexo de «poñer fin á traxedia» que vive Ucraína «canto antes», na viaxe conxunta cos seus homólogos checo e esloveno, Pietr Fiala e Janez Jansa, á asediada capital ucraína.
Morawiecki informou que »esta guerra é o resultado dun cruel tirano que ataca a civís indefensos, e bombardea cidades e hospitais en Ucraína. Como resultado, o mundo perdeu a sensación de seguridade, e persoas inocentes están a morrer e perdendo todas as súas posesións. Debemos deter canto antes a traxedia que está a ocorrer no Leste, concluíu.