O voceiro da presidencia polaca confirmou a noticia sen especificar exactamente cantos aparellos foron transferidos a Kiev. A mediados de marzo, Polonia e Eslovaquia convertéronse nos primeiros países occidentais en anunciar o envío dun total de 41 destes avións de fabricación soviética a Ucraína. As autoridades ucraínas confirmaron, hai uns días, que os primeiros MiG-29 eslovacos xa estaban a participar en misións de combate na rexión de Járkov. O anuncio de Polonia prodúcese pouco antes da visita oficial de Zelenski, a Varsovia este mércores. Por outra banda, este luns chegou a Kiev o ministro de Economía e vicecanciller alemán, Robert Habeck. Habeck, cuxa visita non fora anunciada, chegou acompañado dunha pequena delegación empresarial. O principal obxectivo desta viaxe é discutir a reconstrución do país e a cooperación no sector enerxético.
0