O primeiro ministro de Polonia, Donald Tusk deixa atrás os receos do seu predecesor, Mateusz Morawiecki, no envío de armas a Ucraína.
Asegurou que “Non hai nada máis importante que apoiar a Ucraína no seu esforzo de guerra contra o ataque de Rusia. É o absolutamente principal”: “Investiremos en empresas en Polonia e Ucraína que producirán e traballarán para aumentar as nosas capacidades de defensa. E en Ucraína, Polonia e toda Europa. E tamén será unha empresa comercial moi rendible para ambas as partes”.
Xunto ao primeiro ministro ucraíno, Denis Smigal, Tusk presentou unha ofrenda floral aos falecidos desde o inicio do ofensiva militar de Rusia. Varsovia e Kiev tamén achandaron as súas diferenzas pola exportación de produtos agrícolas ucraínos.