Polonia restablece o compromiso de asistencia militar a Ucraína

O primeiro ministro de Polonia, Donald Tusk deixa atrás os receos do seu predecesor, Mateusz Morawiecki, no envío de armas a Ucraína.

Asegurou que «Non hai nada máis importante que apoiar a Ucraína no seu esforzo de guerra contra o ataque de Rusia. É o absolutamente principal»: «Investiremos en empresas en Polonia e Ucraína que producirán e traballarán para aumentar as nosas capacidades de defensa. E en Ucraína, Polonia e toda Europa. E tamén será unha empresa comercial moi rendible para ambas as partes».

Xunto ao primeiro ministro ucraíno, Denis Smigal, Tusk presentou unha ofrenda floral aos falecidos desde o inicio do ofensiva militar de Rusia. Varsovia e Kiev tamén achandaron as súas diferenzas pola exportación de produtos agrícolas ucraínos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha