Ponte Carreira concéntrase para esixir melloras na atención primaria en Frades

1 minutes read

Algo máis de 200 persoas participaron no mediodía deste xoves nunha concentración pola mellora da atención primaria en Frades convocada polo PSOE de Frades diante do centro de saúde de Ponte Carreira. Unha manifestación na que tomaron parte todos os concelleiros da corporación municipal de Frades, tanto a actual como dos últimos mandatos, encabezados polo alcalde, Roberto Rey Martínez.

Á fronte da concentración, dúas pancartas coas mensaxes: “SOS Sanidade Frades”, do grupo socialista, e “Concello de Frades: esiximos 2 médicos/as xa!”, do Concello de Frades. O voceiro municipal socialista, Enrique Astray, asegurou que a mellora da atención primaria “é unha reclamación lexítima e que nos afecta a todos porque todos necesitamos da sanidade”.

Afirmou que “non se lle pode poñer datas a sanidade porque xoga en contra nosa, porque non sabemos o día nin a hora á que enfermamos. Polo tanto, é necesario que teñamos unha sanidade pública e de calidade, cunha atención primaria de calidade, que é a primeira peneira que ten o sistema sanitario para non colapsar as urxencias”. Insistiu en que esta reclamación “non ten nin cores, nin ideas, nin nada, porque nos afecta a todos por igual” e en que “a sanidade é o dereito máis grande que podemos ter. Tiñamos un sistema sanitario forte e abusamos un pouco del e estamos perdéndoo pouco a pouco. Por iso non podemos estar calados porque co silencio aceptamos os recortes que se están facendo”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?