Ponteceso | A Bugalleira, sétima ruta de ‘Camiñar na noite’

0 minutes read
  • Será este venres e comezará ás 21:30 horas

Este venres o programa ‘Camiñar na noite’, organizado polo Concello de Ponteceso, celebrará a súa sétima xornada cun percorrido pola Bugalleira. A ruta, de seis quilómetros e cunha duración aproximada de dúas horas, partirá da Praza ás nove e media da noite.

As prazas son limitadas e as inscricións poden realizarse de luns a xoves en horario de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do
Concello ou na Oficina Municipal de Corme, e tamén a través da sede electrónica municipal.