Ponteceso | A Deputación da Coruña colabora co Festiletras do Couto

1 minutes read

Este luns tivo lugar a presentación da colaboración da Deputación da Coruña co Festiletras 2022, que se celebrará en Ponteceso. A área de Turismo provincial levará á aldea do Couto, no mes de setembro, un concerto de Baiuca, unha intervención de arte mural e un globo aerostático.

Así o asegurou o vicepresidente provincial, Xosé Regueira, que estivo acompañado polo xerente da Fundación Eduardo Pondal, José María Varela, e pola escritora Concha Blanco. Regueria cualificou o Festiletras como «patrimonio inmaterial dun territorio como a Costa da Morte pero tamén de toda Galiza».

José María Varela explicou que as datas fortes do Festiletras se manteñen no mes de setembro, entre o 1 e o 4, e que incluirá as actuacións musicais, a feira científica e as presentacións literarias. Unha cita que sitúa a aldea do Couto, no concello de Ponteceso, como o epicentro cultural do país a comezos do outono.

Pola súa banda, Concha Blanco fixo un repaso polos 40 anos do Festiletras lembrando que por este festival teñen pasado grandes personalidades tanto da literatura como da música.