Ponteceso | A pista de pádel de Corme acollerá un torneo durante xullo e agosto

1 minutes read
  • Ata 16 parellas poderán competir nesta actividade, que se desenvolverá do 28 de xuño ao 12 de agosto

O concello de Ponteceso organiza un torneo de pádel dirixido a maiores de 17 anos. O campionato terá lugar na pista municipal de pádel de Corme do 28 de xuño ao 12 de agosto. En concreto será os martes e xoves de 17.30 a 22.30 horas.

Os interesados en participar poden inscribirse no consistorio ou a través da sede electrónica do 20 ao 22 de xuño. As parellas poderán ser femininas, masculinas ou mixtas e terán preferencia as persoas empadroadas na localidade. Ademais, formaranse dous grupos de competición por sorteo cando peche o prazo de inscrición.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?