O Concello de Ponteceso colabora con esta actividade para que todos os veciños e veciñas poidan coñecer de primeira man cómo actuar no caso de avistar algún mamífero mariño na costa. Para elo, o vindeiro sábado 16 de outubro ás 11 horas, a Praia de Osmo acolle unha actividade de simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños.
A sesión que contará cun especialista da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, CEMMA, permitirá aos participantes coñecer os pasos que se deben seguir para o rescate de animais mariños que poidan quedar varados nas praias.
Para participar na actividade, organizada polo propio CEMMA e a Deputación de A Coruña xunto coa colaboración do Concello de
Ponteceso, é preciso inscribirse con antelación. As e os interesados poden anotarse enviando un correo electrónico a cemmasolicitud@gmail.com.

