Ponteceso | Abertas as inscricións para participar na 40ª edición da Escola de Verán do Couto


  • Os interesados deberán acudir á Casa dos Veciños este sábado ou o próximo 4 de xuño

A Fundación Eduardo Pondal abre as inscricións para a súa 40ª Escola de Verán do Couto, en Ponteceso. Esta nova edición celebrarase do 2 de agosto ao 2 de setembro. As persoas interesadas en participar deberán acudir este sábado 28, ou o 4 de xuño, á Casa dos Veciños do Couto de 11.00 a 14.horas e de 16.00 a 20.00 horas.

O programa inclúe varias actividades relacionadas coa radio, as ciencias ou a agricultura ecolóxica entre outras. Tamén haberá sesións de contacontos e excursións.