18
As obras que se estaban a realizar no tramo da estrada de A Bardanca en Anllóns, remataron e polo tanto a vía volta a estar aberta ao tráfico.
Os traballos realizados, cun custe de case 14 mil euros, consistiron na reposición do vial afectado, así como o arranxo do muro de contención de granito.
Amais da obra acometida, instaláronse varias barreiras de seguridade metálicas en tres tramos da vía ata o cruzamento da estrada de titularidade autonómica, tamén se colocou unha reixa de ferro fundido en dita estrada para axudar na evacuación das augas pluviais. Deste xeito evitaranse as inundacións das vivendas situadas debaixo da estrada coa chegada das choivas do inverno.