Ponteceso, Malpica | Aberto o prazo para participar na ‘Campaña de neve 2022’ da Deputación

PIXABAY

  • Seis rapaces de Ponteceso e cinco de Malpica poderán esquiar en Valgrande-Pajares, Asturias, do 14 ao 17 de xaneiro

Ponteceso e Malpica foron dous dos concellos incluídos no programa ‘Campaña de neve 2022’ da Deputación da Coruña. Seis rapaces pontecesáns e cinco malpicáns, de entre 12 e 15 anos, poderán desfrutar de catro días de diversión na estación invernal de Valgrande-Pajares (Lena, Asturias). A actividade desenvolverase do 14 ao 17 de xaneiro e ten un custo de 84 euros.

Os participantes deberán estar empadroado nas localidades, tendo preferencia aqueles que nunca asistiran a esta iniciativa. As prazas adxudicaranse por sorteo público. O prazo para inscribirse abre este martes e rematará o 14 de decembro. Máis información chamando ao departamento de Deportes dos concellos ou nesta ligazón.