Ponteceso | Aberto o prazo para solicitar as axudas do PEL Reactiva

1 minutes read
  • O prazo rematará o 25 de novembro e as solicitudes deberán realizarse na sede electrónica do concello

Este mércores, 11 de novembro, abre o prazo para que aqueles autónomos ou microempresas do concello de Ponteceso soliciten as axudas do programa PEL Reactiva. O importe total da convocatoria ascende a 108.590,03 euros (86.872,02 € financiado pola Deputación Provincial de A Coruña e 21.718,01 € financiado con fondos propios municipais).

Estas axudas van dirixidas a autónomos, con ou sen persoal ao seu cargo, e microempresas que se atopen nalgún dos seguintes supostos: que se viran afectados polo peche da súa actividade debido ao estado de alarma, que a súa facturación no segundo trimestre fiscal deste ano se vise reducida nun 75% ou que se tiveran que acoller a un ERTE.

O prazo rematará ás 14:00 horas do próximo 25 de novembro, e será necesario que as solicitudes se realicen a través da sede electrónica do concello.