Ponteceso acolle aos participantes no campamento infantil e xuvenil Isidro Parga Pondal

1 minutes read

Chegaron ao concello de Ponteceso, nenas e nenos, procedentes de tres provincias galegas, atraídos pola robótica e o programa cultural no que se fundamenta o campamento infantil e xuvenil Isidro Parga Pondal. O campamento que leva o nome do coñecido químico e xeólogo con raíces pontecesáns, estase a desenvolver neste días na Fundación Eduardo Pondal.
O alcalde de Ponteceso e presidente da mesma, Xosé Lois García Carballido, visitou o campamento, resaltando a gran oportunidade que supón, poder aprender robótica e inicio á programación, neste tipo de campamentos. No obradoiro de programación, están aprendendo dende Scratch, a construír un podómetro ou tamén a crear domótica dende cero.
Esta temática cultural e de exploración científica, lévase a cabo polo equipo de monitorado do campamento, liderado polo seu director, Rafael Quintía Pereira, licenciado en antropoloxía, social e cultural, director de ocio e tempo libre, e director de campos de traballo. Xeoloxía, bioloxía, enxeñería, electrónica, robótica, deixan paso tamén as visitas do patrimonio local, e os xogos no entorno.
O concello de Ponteceso agradece á consellería de política social da Xunta de Galicia, e a súa conselleira, Fabiola García Martínez a posibilidade de desenvolver estes proxectos.