Ponteceso acolle o Programa Vacacións en Paz 2023


O Concello de Ponteceso reivindica o dereito dos nenos e nenas saharauis a vivir no Sáhara Occidental e darlle visibilidade a delicada situación que están a vivir. Por iso, este verán acollerán o proxecto “Vacacións en Paz 2023” que anima ás familias a acoller durante os dous meses de verán a nenos e nenas saharauis que viven en campos de refuxiados en Tindouf (Alxeria). Os rapaces poderán deste xeito evadirse da súa realidade, fuxir dun lugar no que se superan os 50 graos de calor durante a época estival e aprender castelán e galego, entre outras cousas.

Esta iniciativa busca que a poboación entenda que noutros lugares do mundo as cousas son complicadas e tamén promove a tolerancia e a solidariedade na sociedade galega.

As familias interesadas en participar neste proxecto poden chamar ao 986 26 26 37 ou ao 678 727 382.