- Os Ratos de Lonxedetodo representarán un divertido contacontos o venres 27 na biblioteca municipal
O espectáculo infantil Cores e persoas, protagonizado polos Ratos de Lonxedetodo, chegará ao concello de Ponteceso o venres 27 de maio. Trátase dun contacontos que a compañía Trinketrinke representará na biblioteca municipal ás 18.30 horas.
En Cores e persoas Lilí Gruyère, recentemente chegada dunha xira por EEUU, trae unha maleta con agasallos para os integrantes de Lonxedetodo pero tamén de libros de contos que compartirá con todo o público. A representación incluirá cancións e bailes que os pequenos deberán realizar para resolver problemas.
O Concello involucrouse nesta actividade para «achegar á lectura ós máis cativos». As persoas que desexen asistir deberán inscribirse no 659 431 242.