- O curso comezará o luns 20 de xaneiro e terá lugar na Biblioteca Municipal
A Biblioteca Municipal de Ponteceso acollerá a partir do luns 20 de xaneiro un curso de preparación de competencias clave organizado pola Fundación Radio ECCA Canaria coa colaboración co concello.
A nova acción formativa, enmarcada no Plan de Inclusión da Xunta de Galicia, está dirixida a persoas en risco de exclusión social e colectivos desfavorecidos. As clases, que se prolongarán ata o vindeiro 15 de maio, levaranse a cabo todos os luns, mércores e venres, de 9.45 a 13.45 horas.