Ponteceso acollerá unha exposición ao aire libre de xogos e deportes en murais de azulexos


Será un percorrido polos xogos e deportes tradicionais pero dun xeito diferente: reflexados en murais de azulexos. Así será a exposición ao aire libre da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), e na que colabora o Concello de Ponteceso e a Obra Social e Cultural de Subministros LAR-Cee.

A mostra “Xogos e deportes tradicionais en murais de azulexo” inauguraráse o sábado, 17 de xullo ás 12:00 horas, no campo exterior de xogos do Centro Cultural de Ponteceso, espazo no que se poderá visitar ata o 3 de outubro.

Todas e todos os que se acheguen ata a exposición poderán, amais, participar en diversas actividades para todas as idades e nun concurso de fotografía da mostra.