O salón de actos do Edificio das Escolas colgou o aforo completo para a ocasión. Os dous intrépidos montañeiros, con exceso de ego que tiveron que loitar contra as inclemencias do tempo, trasladaron ao público ata 1923, canto tivo lugar unha famosa expedición con rumbo ao polo sur magnético. Os actores coa súa magnífica interpretación fixeron que a velada dos asistentes fora todo un éxito.
A terceira xornada do Ciclo de Teatro de Ponteceso será o vindeiro sábado, 19 de novembro ás 22:30 horas, coa obra “Comando Comadres” da compañía Matrioshka Teatro.
As persoas interesadas en asistir ao evento poden facelo a través do Departamento de Cultura do Concello de Ponteceso (630 907 124) durante a semana ou unha hora antes da función.
As entradas non so gratuítas. As persoas que queiran asistir deberán aboar 3.06€, unha taxa conxelada dende hai sete anos, realmente asumible para un teatro profesional, grazas ao financiamento da rede cultural da Deputación da Coruña e o Concello de Ponteceso.