Dentro do compromiso Vilas en Flor, o Concello de Ponteceso vén de renovar todas as flores dos xardíns e macetas urbanas. Nesta ocasión, a plantación de flores de inverno ten como protagonista ao Cyclamen dos Alpes, que é unha planta moi resistente ás condicións climáticas esta época do ano. Desde o consistorio agradecen a colaboración cidadá para a preservación das flores e pídenlle á veciñanza que denuncie calquera desfeita ou subtracción das mesmas.
Vilas en flor é unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos. O programa, está organizado pola Fundación Juana de Vega, a Asociacion de Viveristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar). Vilas en Flor suma 26 concellos galegos entre os que se atopa Ponteceso.