Ponteceso afirma que tramitou máis de 1,5 M€ en solicitudes de subvencións en 2022

2 minutes read

O goberno local de Ponteceso informou nun comunicado que leva 1.674.456,31 euros euros tramitados en solicitudes de subvencións á Deputación da Coruña e á Xunta de Galicia no que vai de ano 2022.

A) DEPUTACIÓN PROVINCIAL
– Para persoal das oficinas de turismo 20.000€
– Para persoal de cultura 15.000€
– Para persoal de deportes 15.000€
– Para persoal de museos 20.000€
– Para a escola de danza municipal 10.000€
– Para o mantemento do servizo de normalización lingüística 15.000€
– Para o persoal de servizos sociais 69.668€
– Para o convenio do grupo de emerxencias supramunicipal 112.000€
– Plan único POS+ADIC 1/2022 (Gastos Sociais dependencia) 74.394,05€
– Plan único POS+2022 OBRAS separativa de pluviais en Corme 234.735,73€
– Plan único POS+2022 servizos esenciais municipais 212.554,42€
– Plan único POS+2022 complementario, recollida pluviais da Trabe
233.892,93€
– Plan de Emprego Local, contratación de desempregados/as 40.000€
Total 1: 1.072.245,13 euros)

XUNTA DE GALICIA
– Ler conta moito (bibliotecas)
– Orientadora laboral 26.000€
– ADL (concedido 11.537,14€)
– Convenio GES 140.000€
– Biblioteca novidades
– Socorristas 33.999,80€
– APROL 27.925,02€
– RISGA 10.505,79€
– Conciliación 14.850€
Total 2: 264.817,75 euros

Ademais, afirman que o Concello de Ponteceso ten solicitadas á Deputación da Coruña subvencións para a rede cultural por valor de 37.000€, e para a limpeza de praias, por 33.840€. Tamén tramitou a través da Xunta de Galicia unha axuda de 34.122,43€ para o subministro de equipos para a EDAR de Pazos e Ponteceso, e 55.924€ (sen o IVE) do proxecto para o camiño de Vilasuso á Bugalleira e ás Martizas, en Pazos. Asemade, están solicitados 120.000€ da Consellería de Industria para a segunda fase do acceso ao polígono, e 56.507€ do e ó Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa da Morte para a posta en valor das actividades mariñeiras nos portos de Corme e Brantuas. A última subvención que se solicitou foi a de conciliación da Xunta, conclúe a nota.