Ponteceso | Alumnado do IES Eduardo Pondal recolle máis de 800 residuos na praia da Ermida

Limpeza na praia da Ermida, Ponteceso_Cedida

  • A actividade, impulsada polo Club de Ciencias e a asociación Mar de Fábula, buscou o compromiso dos adolescentes co coidado do medio ambiente

O Concello de Ponteceso colaborou este luns nunha xornada de limpeza de praias na que participaron 34 alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Eduardo Pondal. O areal elixido foi o da Ermida, onde se colleron 829 residuos, maioritariamente anacos de cordas e cordeis (533) e plástico ríxido (152). O resto eran aparellos de pesca e bolsas con cebo, pezas de roupa, bastonciños de algodón, máscaras Covid, tapóns de plástico, madeira procesada, gomas e cabichas.

A actividade, na que tamén estivo presente o xerente do Galp Costa da Morte, foi impulsada polo Club de Ciencias e a asociación Mar de Fábula co obxectivo de concienciar sobre a importancia de coidar o medio ambiente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha