Ponteceso | Ampliación de implicados pola concesión dunha licenza a EDP Renovables

Foto.- Cedida.

Tras a causa aberta contra o actual alcalde, Lois García Carballido, agora o Xulgado de primeira instancia e instrución número 3 de Carballo ampliou a querela por prevaricación citando a declarar ao secretario municipal “como parte querelada”, no caso relacionado coa concesión dunha licenza á empresa EDP Renovables para o parque eólico de Corme. Ademais requírese o concello “que remita testemuño dos procedementos administrativos cursados para aprobar os actos administrativos anteriormente sinalados”.

Reaccións

As reaccións non se fixeron esperar, e desde o grupo dos edís non adscritos insisten en pedir a dimisión do alcalde, asegurando que os veciños e propietarios de montes afectados xa denunciaron este feito en ano 2019. Pregúntanse porque “o alcalde está a favor da empresa EDP e en contra dos veciños”.