Ponteceso aposta polo pleno emprego con diferentes iniciativas


A campaña para abrir as bolsas de emprego tivo un éxito rotundo, con case catrocentas persoas anotadas para traballar e o seguinte desglose

Limpador de institucións municipais: 31

Limpador de insitucións municipais fixo discontinuo: 26

Educador familiar: 10

Conserxe: 37

Tecnico/a emprego local: 26

Orientadora laboral: 28

Animador cultural: 6

Animador deportivo: 5

Monitor deportivo: 5

Monitor actividades cultural deporte: 15

Auxiliar administrativo administración xeral: 43

Auxiliar administrativo arquivo e biblioteca: 39

Persoal GES: 24

Conductor/a obras e servizos: 8

Conductor/a vehículo extinción de incendios: 13

Operario/a obras e servizos: 25

Con respecto ao servizo de orientación laboral, que o Concello de Ponteceso comparte con Cabana de Bergantiños, estanse facendo entrevistas personalizadas na oficina enriba do Melga, para a inserción laboral de todos e todas as demandantes de emprego, con numerosas ofertas abertas para empresas locais e de fora de Ponteceso. o Alcalde valorouno así “Teño unha reunión semanal con 90 empresas da zona, e só no día de hoxe apareceron 5 empresas solicitando persoal, oferta que transferín inmediatamente ao servizo de orientación”

Outra fronte na que o Concello traballa na inserción laboral, son os cursos de formación en tecnoloxías para mulleres, carretilla e almacén, a través de distintas figuras como fondos europeos e plan galego de inclusión. A formación é constante, rematando un curso e empezando outro.

Moi importante a finais de mes, vai ser a publicación dun novo plan de emprego social, do Concello de Ponteceso. “Imos sacar 6 prazas durante seis meses, para empezar, pero ímolo ampliar así consigamos máis fondos e a autorización autonómica para contratar” asegurou o Alcalde.

As bases do plan de emprego vanse publicar moi pronto no  boletín oficial da provincia e na páxina do Concello de Ponteceso, pero o Alcalde adiantou que vai ir destinado a persoas demandantes de emprego, sen prestación ningunha, priorizando a aquelas persoas que máis o necesiten. Só para persoas empadroadas no día que remate o prazo de presentación de solicitudes.