Ponteceso | Arrinca a Semana Pondaliana cun concerto de Antía Muíño


Este luns 12 de outubro dará comezo a Semana Pondaliana, na que colabora a Secretaría Xeral de Política Lingüística, pertencente á área de Asociacionismo, Normalización Lingüística e Medio Rural da Xunta de Galicia. Para amenizar esta primeira xornada, a Fundación Eduardo Pondal acollerá ás 17.00 horas do luns un concerto de Antía Muíño. Debido á necesidade de respectar as normas establecidas para a prevención do covid-19 será obrigatorio o uso de máscara e o cumprimento das demais normas, o aforo máximo será de 60 persoas, por orde de chegada.