39
- O prazo de solicitudes remata o 31 de marzo do 2021
As familias numerosas de Ponteceso poderán solicitar, ata o 31 de marzo, a bonificación correspondente ao Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza urbana, que neste caso ascenderá ao 90% da cota íntegra.
Todas as persoas interesadas neste desconto deberán estar empadroadas no concello, posuír título de familia numerosa e ser propietarias dun ben inmoble de natureza urbana.
Os solicitantes deberán dirixirse ao Concello de Ponteceso (981 714 000) para presentar a súa instancia no departamento de Servizos Sociais.