Ponteceso | Avanza con celeridade a construción de 5 naves no polígono de Tella

1 minutes read

En cuestión de poucos meses as empresas que queiran asentarse nelas poderán iniciar a súa actividade de xeito inmediato unha vez finalizadas as obras.
A realización das tarefas con maior celeridade débese a un proceso de construción innovador seguindo un modelo por módulos, no que se está a empregar paneis fabricados nunha empresa de Buño, Malpica de Bergantiños, pechando así o círculo industrial feito integramente na propia Comarca de Bergantiños.

O uso destas pezas prefabricadas permiten levar a cabo o proceso de construción de ditas naves nun espazo de tempo menor que noutro tipo de obras, polo que se presenta un modelo atractivo para que poidan empregalo no resto de parcelas que están baldeiras no Parque Empresarial de Tella. Ademais do aforro de tempo na construción, estes paneis reducen á súa vez os custes, potencian e poñen en valor a actividade empresarial da zona.
O Concello de Ponteceso lembra que todas aquelas empresas interesadas en desenvolver a súa actividade no polígono de Tella poden contactar e solicitar información no número de teléfono 981 714 000 ou no correo electrónico concello@ponteceso.net.